Vizcaíno chega á escena musical española co seu primeiro traballo de estudio, "Alas de papel" (Algamar, 2014), un disco maduro caracterizado por un son e estilo propios. Dez cancións de puño e letra, señas da súa identidade, forman un álbum eléctrico con tinguiduras folk-rock.A finais de 2012 embárcase nunha xira por Colombia, Perú, Bolivia, Chile, Arxentina, Uruguai e Brasil. A mediados de 2013 comeza as sesións de gravación do ese primeiro disco no que conta coa colaboración de Tito Calviño, Roi Maceda, Alfredo González, Simón L. Caldeiro, Lucía Pérez e Martín Retrovan.Logo da exitosa presentación oficial en Sarria (Lugo), en 2014 viaxa cara a Arxentina para brindar unha segunda xira organizada por unha produtora local, Retrovan Records, coa que xa traballara na súa anterior visita e na realización dos seus videoclips, destacando "Por esta vez", primeiro single do disco.Ademais da boa resposta do público, destácase a gravación dun concerto exclusivo para os seus fans arxentinos e a realización do videoclip de "Alas de papel", da man das produtoras Inny Producciones e On-Iris ADV.Durante 2015 e 2016 continuou presentando o disco por diferentes escenarios da xeografía española, destacando o cheo total do Teatro Principal de Santiago, e visitando os medios de comunicación nacionais máis importantes, ademais de colaborar en estudio e en vivo con diferentes artistas.Actualmente, atópase traballando nas cancións do que será o segundo traballo de estudio.
Contratación
Retrovan RecordsMartín Retrovan retrovanrecords@gmail.com