• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Ghørxa

Ghørxa é intensidade, velocidade e bile. Regálanos o seu primeiro traballo, mesturando rock, psicodelia, stoner, grunge e garage. A banda ferrolá atrévese a falar inglés, galego e castelán; fusionando estilos e forzas.

A banda xurdiu no outono de 2022 en Ferrol (A Coruña), cando Bombas e Commander (Pot Eaters) coñeceron a Nico e comezaron a tocar no seu garaxe. Despois dun tempo súmase Carlos (Omadroma, Qualia), que cambia a guitarra polo baixo.

Con respecto ao seu nome indican, “buscando un nome novo para o proxecto, unha amiga suxeriunos gorxa, e gustounos porque dalgunha maneira pareceunos que a propia palabra resaltaba o carácter de instrumento da voz humana”.

Presentan un son persoal e característico, que bebe de bandas como The Velvet Underground, Slift, Faith No More, Melvins, My Bloody Valentine, King Gizzard, Fugazi ou Sonic Youth... “Cada un de nós vimos de estilos musicais distintos… Ao mellor as influencias máis identificables serían o stoner, o grunge e o garaxe. Ou polo menos é como poderíamos describir o que vai saíndo. Pero esas influencias tamén son procesadas nunha aprendizaxe. Imos experimentando e cos diferentes temas vaise xenerando algo que vai evoluíndo pero que dalgún xeito tamén ten un sentido propio”.

A comezos de 2025 chega “Monstro” (Ferror Records)... Un disco cargado de matices.

Contratación

Ferror Records
667 264 325

Discografía

Monstro

GHØRXA

2025, Ferror Records

Vídeos

Monstro

GHØRXA

Tal vez tamén che gusten