Que é o importante, ser libre ou crerse libre? Canto máis sabes, máis preto estás de saber que é o que te atrapa. Pero non coñecer os teus límites parece prometer unha vida máxica. Monstruo buscan respostas para si mesmos e por iso están guiados pola frustración de ter as mellores intencións e fracasar todo o tempo. É un proceso de aprendizaxe a golpes aberto a quen queira velo, e polo tanto é triste e violento, catártico e fermoso. A consecuencia lóxica de sentir que a arte o cambia todo e non cambia nada, de saber que a serenidade e a desesperación non son incompatibles. Están lonxe da superficie, no cavado, porque queren estar lonxe do superficial.
Contratación
Xacobe (+34) 628 010 038 - (+34) 653 968 938 123monstruo@gmail.com