
En 2024, Roi Grandío (compositor, vocalista e guitarrista) decide comezar un novo proxecto musical e contacta con Santos & Fluren (produtores de Love oh Lesbian, Viva Suecia, Izal, Sidonie) para gravar o seu primeiro tema nos estudos Blind Records de Barcelona. Así nace “Los días felices”, primeiro single de Grandío.Durante o proceso de lanzamento desta primeira canción, Roi dáse conta de que non quere facer isto só, así que convida os seus amigos Adrián Collazo (teclista) e Breixo Maciel (guitarrista e corista), con quen xa compartira proxectos anteriores, a formar parte desta nova aventura. E coa posterior inclusión de Juan García (baixista), Grandío comeza a conformarse como unha banda.A finais de 2024, o grupo lanza o seu segundo single, “El azul del fuego” e, a principios de 2025, María Varela (batería) únese á banda, completando o roster de Grandío, que lanza o seu terceiro tema xa como grupo completo en marzo de 2025 baixo o título “Tu luz”.
Contratación
BorneoRoi 606 567 224 grandio@somosborneo.com