Sigilu nace en Lugo no ano 2015 como unha proposta na que se fusionase o acústico co electrónico. O proxecto xorde da unión do malagueño Nacho Cuesta (voz e guitarra) e do ferrolán Pablo Saavedra (batería electrónica) coa intención de explorar a fronteira entre canción de autor, electrónica, rock alternativo e a experimentación sonora. Máis adiante incorpóranse Hugo Rodríguez e Evaristo Frieiro, consolidando a primeira formación estable do grupo.De esa etapa nace Singularidad o Barbarie (2017), un traballo onde as estruturas folclóricas se entrelazan con texturas electrónicas e unha forte compoñente melódica, adentrándose en territorios próximos ao trip hop. O disco foi producido, gravado, mesturado e masterizado por Sigilu, coa colaboración de Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudios.Tras esa primeira etapa, o grupo experimenta unha transformación profunda coa despedida de Hugo e Evaristo e a incorporación, en 2021, do baixista lucense Ángel Boquete (NEBRA). A partir de entón, e tras uns anos de creación e traballo, nace Beta (2025), un álbum cun son máis denso e expansivo que explora unha converxencia entre o rock progresivo, o metal, o rock alternativo dos anos noventa e ecos da música española dos anos sesenta e setenta. Tamén producido, gravado, mesturado e masterizado coa axuda de Arturo Vaquero, Beta representa unha evolución radical na identidade de Sigilu.Tool, Steven Wilson, Alice in Chains ou Radiohead son algunhas das influencias que se destacan nas críticas que recibiu o disco, especialmente dende outros pa
Contratación
Angel 637 076 968 sigilumusica@gmail.com
