
Despois de dous álbums decididamente conceptuais —“Man” e “El bosque sin árboles”— TRAC presenta en 2022 a súa nova obra, titulada "Trac3": máis dunha hora de música espallada por oito pezas que navegan outra vez con liberdade entre as augas do rock progresivo.O contido principal do álbum vén acoutado polas minisuites ‘El crepúsculo de la doble visión’ e ‘Contrastes’ e, entre elas, corren catro pezas tamén orixinais: ‘Ingravidez’, ‘La hierba cortada’, ‘Liza’ e ‘Rock & Prog’, ás que se xunta a singular reinterpretación desenvolta sobre "El hombre y la tierra" de Antón García Abril.Como “bonus trac” vai incluído o clásico de Charles Mingus ‘Goodbye Pork Pie Hat’ segundo a versión interpretada no seu tempo por Jeff Beck, que TRAC recupera agora nun tributo a ambos.O álbum “Man” é unha suite arredor do artista Manfred Gnädinger, o “alemán de Camelle”, desde as súas orixes no Lago Constanza, a súa chegada a terras galegas, a súa obra ao longo de 40 anos en Camelle até a súa tráxica morte cando o desastre do Prestige. O disco "El bosque sin árboles" inclúe temáticas e sonoridades diversas, desde os encadeamentos instrumentais (‘ECM’) á pura introspección (‘Luminarias’) ou á expresión de rabia (‘Generación maldita’), sen esquecer o protagonismo da suite ecolóxica que dá título ao álbum.TRAC son Moncho Pardo (guitarra eléctrica, efectos, voz), Luis Molina (baixo eléctrico, voz), Berto Morán (batería, percusión, guitarra acústica, voz) e Juan Cordonié (guitarra acústica, eléctrica e sintetizada, voz).
Contratación
Trac progMoncho Pardo / Juan Cordonié 670 919 805 - 629 851 540 trac.grupo@gmail.com