• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Skadelos

Skadelos é unha banda de O Carballiño que fusiona pop-rock y el ska para crear unha proposta fresca, festiva e chea de enerxía. Nacida en 2019, a formación xorde da vontade de levar aos escenarios o ambiente das reunións entre amizades, os festivais e as celebracións populares que forman parte da súa identidade.

Durante a súa primeira etapa, desenvolvida en formato acústico, a banda publicou varios sinxelos cos que foi construíndo unha comunidade de seguidores e acumulando máis de 50.000 reproducións nas plataformas dixitais.

En 2026 regresan aos escenarios cun proxecto renovado en formato banda sumando son e presenza, o que reforza unha personalidade musical marcada pola festa, a alegría e as ganas de diversión. Composta por Darío (Voz e guitarra), Alberto (Batería), Willy (Trompeta), Roi (Trombón), Duni (Guitarra) e Ángel Gulías (Baixo).

Co galego como lingua vehicular, as súas cancións falan desde sentimentos, experiencias compartidas e a propia celebración da vida, xunto a temas pola defensa da terra, crítica social e o uso da retranca. Todo isto a través de melodías pegadizas e ritmos que convidan ao baile e a non parar de cantar as súas letras.

Sobre o escenario, Skadelos destaca pola conexión co público e por un directo dinámico, participativo e cargado de enerxía. Unha banda que combina frescura e autenticidade para converter cada concerto nun encontro onde a música, a festa e o bo ambiente son os verdadeiros protagonistas co único propósito de cantar, bailar e rir.

Contratación

Darío
608 276 197
skadelosmusic@gmail.com

Vídeos

Agora Quero (Lyric Video)

SKADELOS

Focos, Lumes Nunca Máis! (Videoclip Oficial)

SKADELOS

Marcho de Festi

SKADELOS

Estarei

SKADELOS

Gravado A Ferro

SKADELOS

Tal vez tamén che gusten