• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Astroboyz

Astroboyz

(CANADIAN DUCK TAPES / A CORUÑA)

Bass cinemático para o fin do mundo.



"Enxeñeiro de son e multi-instrumentista coruñés residente en Baltimore (USA); Astroboyz desenvolveu un especial talento para as bandas sonoras, en gran medida grazas ao seu paso pola ESMUC, a universidade de música de Barcelona, onde estudou composición cinematográfica. Esta conexión fílmica déixase notar nas súas composicións máis orientadas ao "Bass music", House e Techno; aínda que a súa primeira escola musical real foron as bandas de punk rock da súa xuventude.

Álex Silva (así é como se chama) empezou co proxecto Astroboyz en 2007, mostrando algúnhas das súas primeiras cancións na rede e en colaboración con selos como Melodram e House Café Music (2010), antes de formar parte da familia Struments Records, onde editou o seu primer EP en vinilo 12", “Pianobatacazoo” (2012).

O seu último traballo EXSAMPLES (Cassette, 2016), debutando no formato de longa duración, foi editado nunha edición limitada en casete no selo Canadian Duck Tapes que Álex dirixe dende Baltimore.

A súa música poderíase describir como a banda sonora perfecta para a distopía post-Crash, do famoso libro de J.G. Ballard adaptado ao cinema por David Cronenberg". (Biografía por Red Bull Music Academy para Sónar Festival Barcelona)

Contratación

Tamara
610 600 999
astroboyzbookings@gmail.com

Discografía

Exsamples Remixes

ASTROBOYZ, CLIP, SMAX, KLOKE

2017, Canadian Duck Tapes

EXSAMPLES

ASTROBOYZ

2016, Canadian Duck Tapes

Pianobatacazoo

ASTROBOYZ, JIMMY EDGAR

2012, Struments

Vídeos

168th Dimension

ASTROBOYZ

Tal vez tamén che gusten