Comando Katana son Erin e Óscar Selektah acompañados por Pablic e Asoul. Tras a publicación do EP de Erin "El Trapicista" a formación Comando Katana encóntrase preparando o seu próximo traballo, un álbum con 15 temas, gravado en Vumetro Records (Compostela) e Fibonacci Music (Granada), que contará con colaboracións de artistas como Hermano L, Rapvivoros, Pablic & Asoul e con producións de Hazhe, Óscar Selektah, El Puto Coke, DJ Mil, Jahzzman Selecta, etc.Desde 2011 non deixaron de presentar a súa música en directo en festivais (Microfest en Santiago, Festival Reggae de Montaña en Palencia, Hipnotik en Barcelona, Reggaeboa en El Bierzo, Mallorcannabis en Mallorca), clubs (Barcelona, Porto, Salamanca, Tarragona, Granada, Mallorca, Vigo, Ferrol, etc.) e rap parties por toda Galicia. E compartiron escenario con artistas do talle de Aia Wasca (Suíza), Nach, Sho-Hai ou Alberto Gambino.O directo de Comando Katana é forte, fresco e contundente, consegue unha gran conexión co público, enriquecendo as súas producións para ofrecer un espectáculo diferente, con forza e apartado do cotián. No escenario son un panzer en constante avance, tripulado polo DJ Óscar Selektah e os emecés Erin, Pablic e Asoul, unha formación que asalta os escenarios e nos ofrece rapeos trepidantes, tempos medidos ao milímetro e actitude a cachón.A formación compostelá, que combina como ninguén o rap e o dancehall, promete música nova nos teus cascos.
Contratación
Colectivo de Rap de SDC utopiadelnortecircuito@gmail.com