SonDaRúa, unha das bandas con maior proxección do panorama galego dos últimos anos, edita “Eterno Combate” (PlayPlan 2020), o seu primeiro disco de longa duración tras o lanzamento do EP “Liberando mentes” (Galunk Producións, 2018).Entre outras colaboracións, destaca a participación no sinxelo ‘Cultura Crítica’ da banda metal NAO xunto con Tanxugueiras. A mediados de 2018 lanzan tamén en plataformas dixitais o EP “SonDaRúa Classics”, un traballo composto por reedicións de antigos temas publicados unicamente en Youtube.O grupo, formado por Hugo Guezeta e Álex Arnoso ás voces e That Bass como DJ, plasma neste novo traballo o seu estilo, que sempre bebe da ironía, da musicalidade e a tradición oral popular galega, pero combinándoo co hip-hop máis reivindicativo, de crítica social e política.En 2022 lanzan o seu último single “Rarezas” e anuncian uns meses máis tarde que a banda se toma un descanso indefinido. Antes diso farán unha xira despedida por salas e festivais que rematará o 14 de abril de 2023 na Sala Capitol en Compostela.
Contratación
PlayPlan Andrés +34 986 903 509 - +34 696 874 392 contratacion@playplan.es