O rock’n’roll non é subir o volume, apertar os tres pedais de distorsión que rodean o micrófono, rachar a voz e menear a cabeza como se che fora a vida niso. Logo de cinco discos e un silencio discográfico de sete anos, Holywater entendeu que, para revolucionar aos demais, tiñan que revolucionarse a si mesmos.O retiro á vida na “fraga” de Ricardo Rodríguez (voz, guitarra, composición) motivo outra mecánica de traballo en Holywater que, como trío (Martín Alonso, Mito e Ricardo), cambiou o local de ensaio polo salón do piso de Martín, abrigados por unha guitarra española, unha acústica e un baixo; unha inspiración conceptual naturalista onde a vida rodeada de natureza e vida salvaxe da Paradanta acabou emitindo os seus sons nas novas composicións do combo galego.Cun son inspirado nos bosquexos da natureza, que cambiou a virulencia e descarga do rock eléctrico polos instrumentos de madeira, Holywater encerrouse en Planta Sónica 2 a rexistrar, con Álex Vilas á batería, o que, posiblemente, sexa o seu álbum máis sentido, directo, sen manobras nin ambaxes: “Arboreal” (Ernie Records, 2019), pura verdade desde a primeira ata a derradeira nota.Sen perder o empaquetado rockeiro e un son que lembra a discos tipo “Harvest” de Neil Young, achegamentos electroacústicos de bandas como Alice in Chains ou Pearl Jam, ao rexistro máis puro de Uncle Tupelo ou Whiskeytown, “Arboreal” amosa que o rock’n’roll non entende de volumes nin de piruetas nin manobras de escape, senón de verdade.
Contratación
Ernie RecordsJosiño Carballo (+34) 986 767 419 - (+34) 659 928 488 josino@ernierecords.com