• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Martelo

MARTELO é o Power Rock Trío de Xacobe Martínez Antelo, que xunto a Manuel Cebrián na guitarra e a Max Gómez na batería, vén a achegar unha dose enerxética de actualidade á escena estatal do Rock. Cancións orixinais, combativas, e poderosas con letras corrosivas e mordaces en galego. Os poucos que escoitaron a MARTELO, sinalan a Jimi Hendrix, Rage Against the Machine, Os Resentidos, Urban Dance Squad, Def Con Dos, Red Hot Chili Peppers ou Rollins Band, como principais referencias. Para saír de dúbidas, nada como velos en directo...

Como novidade, e para achegar as súas letras a un público moito maior, inclúen nos seus concertos unha intérprete de lingua de xordos.

Contratación

Mada Producións
Inés Portela Barreiro
(+34) 690 195 217
inesportela@madapro.gal

Discografía

Regulación de plantilla

MARTELO

2013, Martelo

Vídeos

Demasiada Xente

MARTELO

Regulación de plantilla

MARTELO

Podo prometer e prometo

MARTELO

Tal vez tamén che gusten