Gravamos e mesturamos “Bye Kid” (2015, Ernie Records) ao calor da cheminea do estudio A Ponte, en Santiago de Compostela, a finais de xaneiro de 2015. Nesta gravación interviron Manuel H. Portolés (voces e guitarra eléctrica), Arcadio Nóvoa (coros e guitarra acústica), Álvaro A. Rivera (baixo), Enrique Esmerode (batería e percusións), Ramón Martín (coros, teclados e segunda guitarra eléctrica) e Tomás Ageitos aos mandos técnicos.As catro cancións que forman “Bye Kid” son como unha especie de prólogo que completará a historia que comezou en "There's a Man with a Gun Over There" narrando catro momentos da infoancia de Tom que dalgún xeiro condicionaron a súa vida e acabaron por conducilo, anos máis tarde, a mercar unha pistola para matar ao seu xefe. Estas catro cancións narran a metamorfose de Tom abandonando a infancia, deixando de ser un neno.
Contratación
Ernie Producciones Josiño Carballo (+34) 986 767 419 - (+34) 659 928 488 info@ernieproducciones.com