As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre. Arrástranse desde 2001 polos escenarios, electrificándose de a pouco conforme pasan os anos, mudando de formación e deixando constancia do seu paso pola Terra en formato disco: "Galicia es una mierda" (2008), "A grande evasión" (2009), "Violentos anos dez" (2011), "Noites de agosto con Ataque Escampe" (2012) ou "O disco vermello" (2014), entre outros. Do pop ao soul con paradas no krautrock, na cumbia, no dub, no rap, no calipso e onde vostedes queiran se non lles preocupan demasiado a pureza e esas cousas. Perdedores, perdedoras: deixen as miserias na casa e veñan bailar a súa música sen complexos ao campo da festa de α Centauro.
Contratación
Tremendo AudiovisualManuel Tarrío (+34) 629 041 750 info@tremendoaudiovisual.com