
The Trunks é unha banda indierock de Sada que nace en 2011 e está formada por Rodrigo Valiente (voz e teclados), Manuel Nuky (guitarra), Fran Yosi (guitarra), Rubén Suárez (baixo) e Rob Toretto (batería).En 2012 participan na 15ª edición do Festival Sonorama compartindo cartel con grupos como Vetusta Morla, Love of Lesbian ou Dinero. En 2013, ademais de xirar por toda a xeografía galega, The Trunks consegue facerse un oco no Festival Sardines de Sada no que comparten escenario con Dorian, Sidonie e Miss Caffeina. En 2014 son galardoados co primeiro premio na Batalla de Bandas Sada Rock, premio á mellor banda de A Coruña de Cuac FM e mellor banda no Festival MúsicaXove celebrado en Santiago de Compostela; en este mesmo ano coinciden no escenario con varios grupos consolidados como Los Suaves.En novembro gravan o seu primeiro videoclip, “Mágica”, con María Mera como actriz protagonista e en xuño de 2015 lanzan o seu primeiro disco “Bipolar” (2015). Reciben o primeiro premio do Festival Castelo Music 2015 ao mellor grupo e, en agosto, participan no Sonorama 2015, poñen patas arriba a Praza da Sal no escenario Red Bull Tour Bus.Recentemente obteñen o primeiro premio no concurso de bandas Rock in Río Tea 2016 ademais de actuar no Sonorama 2016 por segundo ano consecutivo, desta volta na Praza do Trigo e con aforo completo. En 2016 tamén entran nos Estudios Neo para gravar o seu segundo traballo, “Sobre excusas y fragmentos” (2016), da man de José Caballero xunto con Alex Cappa de TMF Studios ao cargo da masterización.