• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Abe Rábade

Nacín en Compostela o 8 de Setembro de 1977. Comecei a estudar música con 4 anos no Conservatorio Histórico de Santiago, onde a iniciación se impartía co método Kódaly. Seguinme formando no centro de jazz “Estudio escola de música”, tamén en Compostela. No ano 1995 proseguín os meus estudos en EEUU, onde obtiven unha licenciatura Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EUA) en 1999. En 2000 voltei á cidade onde sempre quero seguir voltando: Santiago de Compostela.

Son músico porque penso que a música é unha das máis poderosas canles para a comunicación emocional e abre a vía da intuición. Tento non perder nunca de vista estes factores naqueles proxectos que emprendo.

O meu primeiro instrumento é o piano, o segundo a batería. Tamén compoño música e son docente. Desde 1996 dirixo un trío de jazz acústico, que está formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Tamén adoito facer concertos e gravacións con formatos musicais máis amplos; quinteto e septeto principalmente.

Estes son os álbums que levo editados ata agora como líder: Babel de Sons (2001), Simetrías (2002), GHU! Project vol.1 (2004), Playing on Light -7 sounding photos- (2006), Open Doors (2008), Piano Solo (2009), Open Doors Live (2009), Zigurat (2010), A Modo (2012) e VerSons (2013).

Contratación

Producciones Bles S.L.
Beatriz Llévenes
(+34) 615 359 026
bles@produccionesbles.com

Discografía

Doravante

ABE RÁBADE TRIO

2018, Nuba/Karonte Records

Once

ABE RÁBADE TRÍO

2016, Nuba Records S. L.

Tránsitos

ABE RÁBADE TRÍO

2015, Nuba / Caronte Records

VerSons

ABE RÁBADE TRÍO

2013, Nuba / Karonte Records

A Modo

ABE RÁBADE

2012, Nuba Records / Karonte

Zigurat

ABE RÁBADE , PABLO MARTÍN CAMINERO, BRUNO PEDROSO

2010, Nuba / Karonte Records

Abe Rábade Piano Solo

ABE RÁBADE

2009, Nuba / Karonte Records

Rosalía 21

ABE RÁBADE QUARTET, GUADI GALEGO, ANXO ANGUEIRA

2008, Falcatruada

Vídeos

A bruxa

ABE RÁBADE

11 para Paco

ABE RÁBADE TRÍO

El día que me quieras

ABE RÁBADE TRÍO

Rhapsody in Blue (George Gershwin)

ABE RÁBADE, BANDA MUNICIPAL DE PONTEVEDRA

Zigurat

ABE RÁBADE TRÍO

Campo da Estrela

ABE RÁBADE

Tal vez tamén che gusten

4Mal Quartet Jazz

Alfonso Calvo Septet

Álvaro Vieito 4

Borja Cao Trío

Carlos Pájaro Arévalo