O pianista Alberto Vilas é o autor de todos os temas que conforman o repertorio deste quinteto creado en 2009 e que se completa con Rosolino Marinelo no saxo, Felipe Villar na guitarra, Juansy Santomé no contrabaixo, e Javier Barral Carro na batería.A finais de 2010 métense a grabar o seu primeiro traballo con esta formación e editan un ano máis tarde o álbum “Experianza” que presentan por toda Galicia participando nos máis importantes festivais dedicados ao Jazz como o Imaxinasons de Vigo, o Via Stellae de Compostela, o Nigranjazz, o Festival de Jazz de Lugo e o Festival de Blues e Jazz de Pontevedra en xullo de 2013, onde obtiveron moi boa acollida por parte do público e da crítica.Crónica Cromática (2014) é o segundo traballo discográfico do Alberto Vilas Quinteto. Música cunha ampla dose de jazz mais que tamén está repleta doutras moitas músicas que forman parte do universo musical do pianista e compositor desta formación, Alberto Vilas: desde a música clásica e o tango, ata a música contemporánea ou rock. Esta música é fundamentalmente jazz, música improvisada pero tamén ten ingredientes moi importantes de toda esa experiencia musical acumulada e traballada ao longo de moitos anos.O quinteto deixa un lugar moi importante á frescura da improvisación, do espontáneo e imprevisible, pero tamén traballa continuamente na procura dun son de grupo particular que o identifique e que hoxe en día xa se pode dicir que posúe ese selo de identidade propio.
Contratación
Alberto Vilas Alonso (+34) 649 589 132 - (+34) 986 401 809 albertovilasquintet@gmail.com