Tras gravar "Introducing Álvaro Vieito" (producido por Abe Rábade, editado por Falcatruada e distribuído por Nuba-Karonte), o guitarrista e compositor porriñés volve á carga cun completamente renovado repertorio que reborda enerxía, forza, drama e lirismo, e no que se fan todavía máis patentes influencias de estilos coma o folk, o pop, o rock ou o jazz. Composicións onde conflúen a sinxeleza e honestidade dunha canción de autor, o épico dunha banda sonora, o frescor do "through-composed" e a liberdade que outorga a capacidade de improvisación, cun enorme potencial para emocionar ao oínte.
Contratación
BVjazz ManagementBelén Delgado (+34) 630 174 041 - (+34) 616 978 422 bvjazzbv@gmail.com