
La Senda de Afra é un dos grupos revelación do momento.Cun pop fresco e desenfadado destacaron resultando gañadores de diferentes concursos musicais como "Nordés", dos 40 Principales, ou a primeira edición do "QueroStar".A guinda foi gañar o "Beefeater London Sessions", o que os levou a Londres para gravar nos míticos Abbey Road Studios. Alí gravaron dous temas que foron publicados exclusivamente en formato dixital para seren distribuídos pola rede.Dentro da súa curta traxectoria cabe salientar o videoclip do tema "Tardes de abril" no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, así como a publicación do seu primeiro disco homónimo e totalmente autoeditado, sendo un traballo moi ben recibido polo seu crecente público. Nel podemos atopar as cancións "Viejos conocidos" e "Cuando despiertes", creadas para as bandas sonoras das curtametraxes do director Luis Noriega."Nuestro secreto" é o seu segundo disco e inclúe os temas gravados en Abbey Road Studios de Londres.