Noar é un proxecto musical que nace en 2013 como Iago Marta & Rubén Fernández para poñer en común anos de experiencias compartidas polos seus integrantes: Rubén Fernández (voces, loops, caixón) e Iago Marta (guitarras, efectos). Ambos músicos, orixinarios de Vigo, xa formaran parte de diversos proxectos tanto en Galicia coma en Cataluña e a fórmula do dúo semellaba unha continuación lóxica do seu traballo conxunto, ademais dun novo xeito de seguir explorando nas súas respectivas carreiras musicais.O proxecto está baseado en composicións orixinais que recollen numerosas influencias, incluíndo temas con letras en galego e pezas instrumentais, improvisación de inspiración jazzística, paisaxes sónicas baseadas en diversos efectos e loops de son ou cancións de autor con espíritu popular.A finais dese mesmo 2013 editan o seu primeiro traballo, “Son do Mar” (2013), que presentan en Galicia e Cataluña ao longo dos seguintes dous anos tanto en festivais (nunOFF de Barcelona, Noite Branca de Vigo, Cicle de Música Creativa de La Seu d’Urgell) como en salas de concertos.A finais de 2018, logo dun tempo adicados a outros proxectos e xa establecidos en Vigo outra vez cun novo nome para o dúo, comezan a compoñer e dar forma ao que será o seu seguinte traballo: unha serie de vídeos de seis novas composicións orixinais, interpretadas e gravadas en directo no auditorio de Goián (Tomiño) en setembro de 2019. A gravación sonora corre a cargo de Jose Trincado e, para a parte audiovisual, contan co traballo da cineasta Sara Traba.
Contratación
Iago Marta Lago (+34) 690 084 088 noarbanda@gmail.com