Paulo Silva é un baterista, percusionista, músico de directo e estudio e compositor de Salvador da Bahía (Brasil) que leva 10 anos por terras galegas desenvolvendo a súa carreira musical. Paulo é coñecido pola versatilidade de estilos e por acompañar a diversos artistas da Península Ibérica, Brasil e doutros países durante a súa carreira como Dulce Pontes, Uxía, Antonio Zambujo, Narf, Alceu Valença e Abe Rábade, entre outros.No seu primeiro traballo en solitario opta por centrarse nun estilo o cal vén dedicándose cada vez máis, o jazz. Neste trío conta con dous grandes músicos galegos: Valentín Caamaño (guitarra eléctrica) e Alberte Rodríguez (contrabaixo).A principios de 2017 publica o seu primero traballo discográfico titulado “Mãe” (Free Code Jazz Records, 2017), onde o trío ofrece temas propios e clásicos do jazz.
Contratación
Paulo Silva (+34) 691 480 158 sambafunk@gmail.com