Selvática xorde en 2014 en Río de Xaneiro. Manu e Paula (Indomitos) emigran a Brasil e deciden crear un proxecto que recolla a enerxía e vitalidade do seu novo fogar e os seus gustos de toda a vida.En 2015 publican o seu primeiro longo, “Un mundo extraño” (Mama Vynila/Discos de Kirlian), Disco do Ano por Mondo Sonoro que, acollido por boas críticas, establece un punto de partida cunha mestura de temas que oscilan entre new wave, post-punk e ritmos africanos.En 2016 publican o seu segundo LP, “Canciones Cariocas” (Discos de Kirlian) gravado en Río de Janeiro por Manu e Paula en Estudio Bananeiras. Esta segunda entrega acentúa o carácter pop sen olvidarse dos matices tropicais e os ritmos acelerados, post-punk, guitarras surfeiras e dose de escuridade e experimentalismo.A finais de 2016 gravan o seu terceiro LP, “Seres abisales”, un xiro cara a un terreo máis escuro e contundente, un álbum que fai énfase nunha produción máis afiada, acadando unha amálgama de post-punk castizo, aromas de selva escura e pop etéreo.Logo da xira de “Seres abisales”, a finais de 2018 gravan o seu cuarto disco, “Macumba” (Orphan Records/Discos de Kirlian), colección de pildorazos de pop adrenalítico con dose de escuridade en formato 10” que ve a luz a principios de 2019. Novas cancións directas e dinámicas, coas súas xa clásicas guitarras surfeiras, letras oníricas e saxos exasperados.Selvática son: Manu G. Sanz (guitarra, voz, saxo), Paula Vilas (teclado, voz), Luismi G. Almuíña (guitarra), Brais Otero (baixo, saxo) e Daniel Nicolás (bate
Contratación
Manu G. Sanz (+55) 21 974 064 426 - (+34) 986 29 02 19 manugsanz@hotmail.com