Con máis dunha década sobre os escenarios e máis de mil concertos, Mad Martin Trio é unha das bandas de referencia do rock & roll clásico feito en España. O seu son combina a enerxía do rockabilly, o country e o primeiro rock & roll cunha personalidade propia, construída a base de quilómetros e escenarios.Lidera a banda Martín Esturao (voz e guitarra), músico de longa traxectoria na escena galega tras o seu paso por formacións como Clan Moriarty ou Los Feliz. Xunto a Nico Rodríguez “Nicky” (batería e coros) e Antón Fernández “Torron” (contrabaixo e coros), Mad Martin Trio desenvolveu un directo sólido, enérxico e fiel á esencia do rock & roll de raíces.A súa música soou en programas de referencia como “El Sótano” de Radio 3, que escolleu “Eileen” como unha das mellores cancións do ano. Actuaron nalgúns dos festivais máis importantes do circuíto europeo de rock & roll e rockabilly ademais de compartir escenario con artistas do talle de Neil Young, ZZ Top, Crazy Cavan e JD McPherson.“Seven Lucky Shots” (2014), “Time To Go Mad” (2015), “Tornado” (2017) e “Black & White” (2023), editado con motivo do seu décimo aniversario, compoñen a súa discografía.“Five Years Hot As Hell” (Sleazy Records, 2026), gravado entre 2020 e 2025, inclúe seis composicións orixinais, cinco versións e unha adaptación, reflectindo cinco anos de evolución musical, estrada e estudo.Mad Martin Trio continúa demostrando que o rock & roll clásico segue tendo moito que dicir cando se interpreta con autenticidade, personalidade e paixón.
Contratación
Charlatana.orgMartin Esturao Bolaño (+34) 600 284 960 - (+34) 677 576 550 madmartintrio@gmail.com
