• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Gold & Colt

Gold & Colt son os nomes (alter ego) de Dany Moure (100 Demonios Blues Band) e Roberto Fernández (Tractor Troy, Os Fervellasverzas). Os dous músicos xúntanse no ano 2013 co único propósito de interpretar cancións da nai de todas as músicas modernas, o Blues. Unha guitarra acústica e un dobro foron os seus únicos acompañantes no seu primeiro ano de vida, no que defendían un repertorio no que combinaban temas propios con composicións dos máis grandes deste estilo: Robert Johnson, RL Burnside, John Lee Hooker, etc.

En xuño de 2014 únense ao dúo Michi Castro como batería e Juyma Estévez ao contrabaixo. O dúa convértese en banda e o seu estilo xira cara ao folk americano. Entre marzo e abril gravan o seu primeiro LP (Gold & Colt). Un traballo con seis temas propios totalmente autoeditado e producido por eles mesmos. Foi gravado de forma acústica por Michi Castro nos estudios Sonart, con mestura e mastering por Isaac Millán (Estudios A Lagarteira). O disco presentouse na Sala Aturuxo (Bueu, Pontevedra) o 26 de abril de 2015.

Contratación

Daniel Moure
(+34) 637 391 522
goldandcoltband@gmail.com

Discografía

Gold & Colt

GOLD & COLT

2015, Gold & Colt

Vídeos

Hold it on

GOLD & COLT

Feeling

GOLD&COLT

Tal vez tamén che gusten

Blues do País

Grand Soul Band

Los Hermanos Zapruder

Roger de Flor e Os Silvestres

Susana Martínez