• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Efecto Inverso

O grupo Efecto Inverso xorde da unión dos músicos coruñeses Alex Fernández (guitarra e voz), Sergio Pena (baixo) e Alberto Camba (batería). En marzo de 2014 publican o seu primeiro EP homónimo, que axiña acada os primeiros postos nas listaxes dos máis escoitados en plataformas coma Reverbnation ou SoundCloud, obtendo tamén grandes resultados entre a crítica musical.

Tras percorrer boa parte da xeografía galega amosando os seus temas en directo, Efecto Inverso obtén o primeiro premio do concurso Rock in Cambre, en cuxo festival comparten escenario con Loquillo, Rosendo e Obús.

"(...) Efecto Inverso está construído sobre os instrumentos básicos nunha banda de rock e móvese con fluidez interpretativa nos territorios do pop rock, impulsado por moi distintas influencias sobre as que se desenvolve con disciplina, elegancia e carga emocional (...). Esa é a proposta musical de Efecto Inverso. Un ofrecemento musical serio e maduro, con cancións que teñen fixación emocional, con arranxos de alto nivel, pero tocada con forza, intensidade e falta de prexuízos. Fan un pop rock convincente, en castelán, fresco, directo, que soa ben e non hai etiqueta que os poida definir mellor". (Nonito Pereira).

Contratación

Spektra Rock
Alex Fernández
(+34) 675 044 678
contacto@efectoinverso.es

Discografía

Efecto Inverso

EFECTO INVERSO

2014,

Vídeos

Somos dos

EFECTO INVERSO

Tal vez tamén che gusten