![Manu G. Sanz](/Content/imagen/fotos/2312_Manu-G-Sanz-P.jpg)
Manu G. Sanz é un músico e artista vigués.Tras unha serie de proxectos domésticos, estudou tres anos no Conservatorio Superior de Música de Vigo, e tamén obtivo dous diplomas nos cursos de MIDI e Sintetizadores da Universidade Popular de Vigo.Na súa adolescencia formou varios grupos de estilos variados e despois de licenciarse en Belas Artes en 2004 trasládase a Glasgow, onde, xunto a Paula Vilas e Daniel Nicolás, puxo en marcha a banda Indómitos, gravando un disco nos estudos Colibrí en 2008. , editado polo selo El Beasto en España ao ano seguinte.A finais de 2011, xunto co seu amigo Óscar Chamorro, crea o sitio Orphan Tracks, unha páxina dedicada á composición de bandas sonoras para películas imaxinarias. Despois realizou un Máster en composición musical para videoxogos e traballou como produtor para bandas do panorama galego como Fantasmage, Wild Balbina, Estrambote, Jay ou Lobishome, entre outras.En 2013 foise a vivir a Río de Xaneiro, onde crea o proxecto Selvatica con Paula Vilas co que gravou catro discos, e en 2016 trasládase a Cangas do Morrazo para poñer en marcha o selo Orphan Records.Entre 2020 e 2023 centrouse na creación de todo o contido de Violeta Ultra Multiverse, unha páxina que contén proxectos ficticios de música, deseño, arte, teatro, chiptunes e mixtapes.En 2024 publicou o seu primeiro disco en solitario “Flores y diosas” e continuou desenvolvendo as súas inquietudes e paixóns artísticas.
Contratación
Orphan RecordsManu G. Sanz 604 079 080 manugsanz@hotmail.com