Das Kapital naceron onde se cruzan Lois Pereiro e Walter Benjamin. Einstürzende Neubauten e Programme. As condicións obxectivas e os cristais rotos. Barbarie e esta vida. En 2011 editaron o seu primeiro disco, "Ruído negro" (A Regueifa), e dous anos máis tarde "Grecia" (Discos da Máquina), saudado en numerosos medios de comunicación como un dos mellores discos do Estado español daquela tempada. Involucráronse na constitución da discográfica autoxestionada Discos da Máquina e participaron no seu disco colectivo "Monstros da máquina" (2014) cunha canción dedicada ao gran revolucionario francés Saint-Just. Tamén achegaron unha versión de Jet Society a "A tribo toda baila", obra múltiple en homenaxe aos Resentidos. Algúns, non moitos, concertos despois, preparan un EP e continúan a desconfiar do pacto melódico.Forman Das Kapital: Marcos Paino (composición, produción e sintetizadores), O Leo (voz), Daniel Salgado (sintetizadores), David Ageitos (guitarras), Tomás Ageitos (produción e son en directo) e Dr. Chou (guitarras).
Contratación
Das KapitalDavid Ageitos (+34) 678 568 805 daskapital48@gmail.com