Misterioso Viaje Holanda volven á carga despois de dous anos nos que os seus compoñentes traballaron en diferentes proxectos paralelos. O novo disco do grupo, "MVH" (autoeditado, 2014), contén 10 novas cancións nas que mesturan pop, rock e electrónica, todo dentro dunha ambientación moi traballada, case de álbum conceptual, marcando unha ruptura estilística co seu anterior traballo, "Nunca Taxi" (Ernie Records, 2010), que os levara a tocar en festivais como Sonorama e nos Conciertos de Radio 3, sendo apadriñada a banda polo coñecido locutor de radio Chema Rey. O disco inclúe a canción "Dos semanas", cuxo videoclip, realizado por Juan Pablo Etcheverry, gañou o premio do xurado no Festival de Cans."MVH" foi producido pola propia banda, coa axuda de Alberto Castro nas sesións de gravación, e conta con colaboracións en cuarteto de corda e vento metal que enriquecen a sonoridade con contrastes musicais próximos á experimentación. Cunha lírica escura e unha sutileza que se mestura de xeito paradóxico coa agresividade das guitarras e os ritmos, "MVH" preséntanos unha banda madura, cun son moi claro, definido e elaborado, que abre un novo camiño na traxectoria musical deste grupo residente en Galicia.Durante 2014 presentan o disco en directo, destacando a súa actuación no Noroeste Pop Rock, xunto a Love of Lesbian ou Delafé y las Flores Azules. A finais de ano, "MVH" é elixido como disco do ano en Galicia pola revista Mondo Sonoro.
Contratación
Misterioso Viaje HolandaPablo Seijas / Nicolás Vieites (+34) 661 511 432 - (+34) 670 425 743 misteriosoviajeholanda@gmail.com