• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Emilio Rúa

Emilio Rúa leva trinta anos no mundo da música.

Comezou na orquestra familiar Concorde Atenea formada polo seu pai e os seus catro irmáns maiores, con sete anos de idade.

Foi no ano 2000 cando publica o seu primeiro traballo discográfico homónimo con temas inéditos (Edicións do Cumio 2000). Logo chegarían "Vida Miña" (Boamusic 2006) e "Interior" (Paimúsica 2009), ao que engadiría un libro-disco co escritor e poeta Xosé Carlos Caneiro (Galaxia 2010).

Sen esquecer os dous premios nacionais de canción de autor de Ceutí e Elche, cantando sempre en galego.

En 2012 edita o seu quinto traballo titulado “Destino Sur”, producido por Emilio Rúa e Segundo Grandío no que o son camiña cara ao folk americano co que o autor ve unha ligazón coa música galega. Pero sempre co estilo persoal e característico que o representa en cada un dos seus traballos.

Cancións propias e versións de temas como La Chica de Ayer de Antonio Vega, Somewhere Over The Rainbow do filme El mago de Oz, Miña Maruxa de Andrés do Barro ou a revisión do clásico galego María Soliña, forman as cancións deste novo disco que respira aires do sur, americanos e ourensáns.

Contratación

NALGURES Producións S.L
Mercedes P. Sanjurjo
(+34) 982 250 245 - (+34) 628 133 715
merchi@nalgures.com

Discografía

Querida alegría

EMILIO RÚA

2016, Emilio Rúa

Cantares

EMILIO RÚA

2016, Emilio Rúa

Destino sur

EMILIO RÚA

2014, Emilio Rúa

Despois de ti, a chuvia

XOSÉ CARLOS CANEIRO, EMILIO RÚA

2011, Editorial Galaxia

Interior

EMILIO RÚA

2009, Paimúsica

Vida miña

EMILIO RÚA

2006, Boa Music

Emilio Rúa

EMILIO RÚA

2000, Emilio Rúa

Vídeos

Cinco Flores de Lis

EMILIO RÚA

Véndese

EMILIO RÚA

Negra sombra

EMILIO RÚA

Destino Sur

EMILIO RUA

Interior

EMILIO RÚA

Búscame

EMILIO RÚA

Tal vez tamén che gusten