• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
The Suffering

The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical, unha demo que recolle seis temas propios da banda e son un resumo do que esta vén facendo durante os últimos dous anos. Este grupo, antes coñecido como Aces Full, é unha banda de metal da Costa da Morte que está composta por un grupo de amigos que cada fin de semana se dedican a compoñer e ensaiar temas propios por puro pracer. Neste verán, coa inquedanza de dar un paso máis, xorde a idea de recoller algúns destes temas e sacar un proxecto co que dar a coñecer a música da banda ao resto do mundo, co que tamén se propicia un cambio de nome. A demo está gravada con recursos propios e saiu adiante grazas á colaboración profesional e desinteresada de Pablo J. Damonte, que realizou a mestura e masterización do son e tamén a fotografía e o deseño; e de Nerea Mouzo, que realizou a ilustración. A banda está composta por cinco músicos amateur: Ángel García e J. Traba, guitarras; Abel Morenza, baixo; J. V. Fandiño, batería, e Alan Louzán, voz. Todos eles con diferentes influencias musicais entre as que destacan Metallica, Lamb of God, Mastodon, Tool, Down ou QOTSA, que se poñen de manifesto á hora de compoñer os temas pesados e contundentes da banda.

Contratación

Alan Louzán Abelleira
(+34) 600 247 010
alanlouzan@gmail.com

Discografía

The Suffering

THE SUFFERING

2014, Autoeditado

Tal vez tamén che gusten