O QUE
A estética do dúo "brasilego" Ciborgue Moreno unifica a corrente da música brasileira danzante "electro-brega" con composicións que remiten á música electrónica dos anos 70 e 80, sen esquecer a irreverencia e o bo humor presente nas súas letras.
O QUE DIN POR AÍ
"A mestura do humano co electrónico, a referencia á frialdade da cibernética e ao swing do imaxinario brasileiro van alén do dúo Ciborgue Moreno: exprésanse tamén na estética sonora electrobrega con referencias oitentistas que o dúo experimenta desde a súa creación en 2010 (...). Túlio Flávio é paraibano. Naceu en Guarabira, viviu en João Pessoa, despois pasou un tempo na Bahía e hoxe ten punto fixo no Río de Janeiro. Foi alí onde coñeceu a Paula Sanmartín, actriz de Galicia, España, que desembarcou en terras brasileiras hai algúns anos. E non deu outra: da mestura cultural non se podería esperar un son convencional". Natalia Escarião en "Correio da Paraíba".
"Os primeiros acordes da melodía de 'É muito caro ser iluminado' soan simpáticos para ouvidos virxes ao son do Ciborgue Moreno, mais cando entran as primeiras frases da letra, é posíbel entender que se trata dun tipo de música fóra do convencional. E que vai quedar para sempre na túa cabeza." Raquel Gaudard na "Revista F. Cultura de Moda".
Contratación
Paula Sanmartín
(+34) 693 510 314
- (+34) 881 247 619
ciborguemoreno@gmail.com