De Vacas é un cuarteto musical formado polas vocalistas Inés Salvado (a Marela), Faia Díaz (a Pinta), Paula Romero (a Morena) e o guitarrista Guillerme Fernández (a Rubia). Naceu cando Faia, Inés e Paula, que cantaban xuntas no coro da Rá en Santiago de Compostela, descubriron nunha conversa que todas eran fans das Spice Girls. Decidiron naquel momento crear un grupo co que reivindicar a súa música. Para iso incorporaron á formación o experimentado músico Guillerme Fernández, guitarrista de grupos ben coñecidos como Berrogüetto ou aCadaCanto.Son catro vacas que rin e cantan. Presentan espectáculos frescos como a auga dos regos. Desfrutan enriba do escenario para que vós desfrutedes. Mesturan voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos. Cantan en tódolos idiomas do mundo, pero aman aos nosos poetas por riba de todo, como Enrique Igrexas. Rescatan retrousos esquecidos, tarareos que foran populares nas voces de Cristina da Aguieira ou Mónica da Laranxeira.No seu espectáculo “Rebovina Divas Live” rebobinan a memoria do tempo, visten a escena e desempolvan as súas mellores galas para a ocasión. É unha homenaxe a elas, ás mestras, ás divas do pop…A súa última creación, “Vacanal Sinfónica”, é unha ópera contemporánea que repasa a traxectoria musical do grupo. Este novo espectáculo conmemora o seu 10º aniversario nunha revisión sinfónica dos seus grandes éxitos nun espectáculo de gran formato.De Vacas son catro vacas que rin e cantan. Puro deleite musical.
Contratación
Kandengue ArtsMaría Mariño (+34) 698 147 660 distribucion@kandenguearts.com
