Adán Jorge (Lugo, 1982) é un compositor e guitarrista que creceu influenciado pola música popular brasileira, a música de autor e o jazz.En 2013 grava o seu primeiro traballo de estudio “Abundancia” (2013), oito temas que con harmonías que beben das dúas beiras do atlántico. Ecléctico en estilos, mantén un denominador común na calidade das súas letras e a riqueza harmónica da súa música.En 2016 é seleccionado como finalista no prestixioso Festival Internacional de Cantautores y Cantautoras "Abril para vivir" (Granada) e grava o seu segundo disco, "Nada queda" (Rock CD Records, 2017), no que mestura estilos como o funk e o bossa nova, ademais de incluír temas de carácter máis lírico e intimista conducidos por textos que profundan en sinxelas emocións da vida cotiá.
Contratación
Adán Jorge Pastor (+34) 650 019 043 adanjorgep@gmail.com