Escuchando Elefantes son dúas voces que chegaron a sonar como unha.A dinámica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos. Percorreron Europa compartindo experiencias con músicos como Glen Hansard, Markéta Irglová, Paddy Casey, Damien Rice, Bono (U2), Lisa Hannigan e Sinead O'Connor, entre outros.En 2012 publican o seu primeiro álbum de estudio, autoeditado, recibindo unha xenerosa acollida por parte do público que encheu as salas. Acompañado dunha gran repercusión mediática, “Show & Tell” escoitouse nun gran número de países e festivais.En 2014, logo de gravar en España, Irlanda, USA e UK presentan o seu segundo traballo, “Happy Lonely People”, nun abarrotado Teatro Colón, repetindo o éxito do seu primeiro álbum e engadindo nomeamentos e premios.A finais de 2016 Sílvia e Carlos cambian o formato da banda e comezan a intercambiar instrumentos, tocando ambos baterías e guitarras, o que lles lleva a un sonido máis eléctrico e enérxico; é cando gravan do seu terceiro álbum, “Hope”, publicado en marzo de 2017. Antes de rematar 2017, durante a súa xira, un accidente de coche en Francia parou a actividade de Escuchando Elefantes ata retomar os directos co tour "We Are Fine, Thank You" en agradecemento ao apoio do público; case a totalidade deses concertos pecháronse con Sold Out.En 2020 a banda publica o single "Ahora" e anuncia un novo disco, “¿Por qué siempre cantáis en inglés?”, o seu primeiro traballo en castelán publicado en febreiro de 2021.
Contratación
Music Bus José Manuel de Ceballos 647 849 276 josemanuel@musicbus.es