Hai pouca máis de 3 anos os pontevedreses Unicornibot pecharon unha era consistente nun lustro e tres discos dun carácter dentro do underground español. Tres dos seus catro membros decidiron entón inverter as súas enerxías en construír un novo discuso musical e artístico, diola, con todas as ferramentas que tiveran a man: metieron na pota o seu son, pasado por mil filtros e pedais, o seu xeito de facer as cousas, e incoporaron a receita todo tipo de aparatos electrónicos, as súas voces e toda a experiencia acumulada.Alex Gayoso, Gon Goitia e Toño Magariños foron entrecruzándose entre batería, guitarras, baixo, sintetizadores, micrófonos e samplers para ir compoñendo un novo xeito de atacar á música, partindo do rock de alto contenido en distorsión dos Hot Snakes, a súa querenza matemática por iconas de Dischord como Medications, o obsesivo tratamento sónico de Battles e o regusto polos refráns e a electrónica travesa e orgánica de Animal Collective.Coa vista posta en construír esta nova idea de canción, logo de xirar por toda a península compartindo escenario con monstros como Moon Duo, entrar a gravar o seu primeiro álbum en Estudios Montealto en outubro 2016.