
Ith, fillo de Breogán, é un príncipe celta que dá nome ao grupo que forman Miguel, Toxo, Folgueira, Gonzalo e Lucía. Este grupo de Xanceda (A Coruña) e arredores mantén o principio de facer rock galego en galego. Conta con máis de 15 anos de traxectoria musical, 3 maquetas, un disco gravado en directo, un en acústico, un DVD en vivo e 2 álbums de estudio. Durante estes anos realizaron numerosas actuacións pola xeografía galega compartindo cartel e escenario con destacadas bandas do panorama musical español como Los Suaves e Celtas Cortos. A súa música guíase por influencias de diversos grupos de rock, heavy ou pop, influencias que achega cada compoñente e que se aglutinan nas súas cancións.Ith debuta con “Forte” (2015), traballo de temas en galego, de composición propia, que navegan entre o rock e o pop máis enérxico. O álbum foi totalmente autoxestionado, desde a súa creación ata a gravación e edición.A finais de 2017 comeza a ver a luz “O mínimo que o contén todo” (2018), gravado, producido e mesturado por Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudios (Lugo). Seis temas de composición propia nos que manteñen o espírito de facer rock galego en galego con novas ideas e sons. A temática das cancións vai desde a reivindicación, necesaria en toda sociedade, ata o máis puro sentimento e emoción.Entre outubro e novembro de 2020, Ith grava de novo en Abrigueiro con Arturo Vaquero. Desta volta deciden asumir a produción musical, o que alí cociñaron viu a luz 15 de decembro de 2020 como “Frear o momento”.
Contratación
IthMiguel Iglesias (+34) 619 343 329 - (+34) 680 201 492 ith.rock@hotmail.com