• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
The Meus

The Meus é un cuarteto coruñés nado a principios do verán de 2014, formado por amigos de toda a vida que, militando noutros grupos con anterioridade, deciden unir forzas para tocar temas propios e versións de rock, sen ningún complexo para achegarse a outros xéneros musicais. Cun directo potente e moitas ganas de comerse o mundo, sóbense aos escenarios tocando rock coa alma posta en cada nota.

Os primeiros meses os dedican a dar concertos por varias zonas de Galicia (Muros, Louro, Ferrol), sen chegar a actuar na cidade que os viu nacer ata meses despois. A oportunidade de tocar en A Coruña chega en agosto de 2015, xunto cos seus amigos do grupo Highwayers, un concerto con aforo completo. Logo do éxito alcanzado, o grupo é seleccionado por Drako Management para compartir cartel na conocida sala herculina Playa Club, xunto con Jacobo Paz & Dos Mundos e o monologuista David Perdomo nunha gala con fines beéficos. The Meus tamén participan no festival solidario ROCKogida de alimentos na súa primeria edición en decembro dese mesmo ano.

Grazas a esta irresistible posta en escena, a banda consegue ser cabeza de cartel nas festas de Santa Marta de Astorga 2016.

Contratación

Drako Management
Patty B. Cabado
662 189 276
drakomanagement@gmail.com

Discografía

The Meus

THE MEUS

2015, The Meus

Vídeos

Cierra los ojos

THE MEUS

Naufragar

THE MEUS

Reinventarse

THE MEUS

Tal vez tamén che gusten