Adhara & Ritman é un proxecto musical que canta no ghallegho da Costa da Morte. A súa música está baseada en varios estilos, aínda que a súa base é o folk rock. Adaptan tanto textos de cancións populares galegas como de Rosalía de Castro ao reggae, aínda que tamén teñen textos propios.O proxecto xurdiu sen sabelo unha tarde gravando “Cantarte hei, Galicia", poema de Rosalía de Castro, en clave reggae por Tito e Adhara. Esa tarde plántase a semente do que sería Adhara & Ritman, onde se atoparían Arturo e Andrés.O que pretenden coa súa música e os seus directos é que a xente sinta; sinta cando poida, e sexa libre ó igual que eles cando fan aquilo que lles nace de dentro.
Contratación
MusicarteJosé Fco. Saavedra López-Sancho 629 357 984 musicarte.rs@gmail.com