
Winter Project é unha banda de rock con tendencia cara ao psicodélico e o progresivo. Os seus concertos e os seus traballos discográficos son un reflexo das súas variadas inquedanzas e influencias musicais, pero sempre co rock como principal referente.A banda formouse en 2011 como unha formación que combinaba versións con improvisacións instrumentais. Non sería ata 2013 cando tería unha formación estable e un set-list de temas propios. En 2015 gravaron o seu primeiro traballo, “Winter Time” (2016), que recollía as distintas etapas polas que pasara a banda. En 2017 presentaron o EP “Paranoid Lullaby”», un traballo de rock progresivo que supuxo un claro xiro na súa traxectoria. A súa última entrega ata a data é “Evolution” (2018), producido por Javier Abreu, un disco de rock con influencias dos clásicos dos 60 e 70 e o son actual.
Contratación
Winter ProjectJorge Lorenzo (+34) 699 241 336 - (+34) 699 070 712 winterprojectvigo@gmail.com