Ivy Moon é unha banda de Santiago de Compostela que nace a mediados de 2014 e combina o rock alternativo coa psicodelia, creando así un estilo camaleónico que enche os seus directos de pura enerxía e potencia.Debutan no Bricandeira Festival dous meses despois de sacar o seu primeiro EP, “Ivy Moon” (2014), que marca o inicio do seu percorrido dando máis dunha vintena de concertos por salas de toda Galicia.Chegado o 2015, publican o seu segundo EP, “Prelude” (2015). Este disco significa un cambio para o grupo debido á incorporación de novas influencias, coñecementos e unha notable polivalencia instrumental. Consta de 5 cancións diferentes entre si, mais coa mesma esencia, onde destacan electricidade, o trance e a forza. A presentación do disco dá pé a unha nova xira na que a banda percorre salas dentro e fóra de Galicia e pasa por Madrid, Barcelona e Granada.Todo isto veu acompañado de grandes logros que consolidan a breve, mais intensa, traxectoria de Ivy Moon: ese mesmo ano son finalistas do EISV Music (Vigo) e do BDcoder, concurso organizado polo festival DCode (Madrid) no que participaron máis de 400 bandas de toda España.Xa no 2016 comezan o ano sendo finalistas do concurso Queixo Maquetón, que organiza o Festival do Queixo (Arzúa), e chegan á final do Imagine Spain celebrado en Barcelona. Na final, Ivy Moon proclámanse vencedores e isto convérteos nos actuais representantes de España para a final internacional o vindeiro 11 de decembro en Zagreb.
Contratación
O Valse contratacion@ovalse.com