Banda creada en 2013 en Ordes por catro músicos doutras bandas xa desaparecidas (Kastoma, Chícharo Psicótico, Electróxeno, etc.); Gael (guitarra), Soneira (voz), Prego (batería) e Suite (baixo). O seu estilo pódese englobar no metal, aínda que ofrece escintileos punk-rock.En 2014 lanzaron unha maqueta, “N.O.M.,”composta por 5 temas (en realidade son 6, un deles é unha introdución electrónica feita por MAHI) que foi escollida entre as dez mellores dese ano pola revista de música independiente MondoSonoro. Logo de tocar en pequenas salas e algún que outro festival, metéronse no estudo e sacaron o seu segundo traballo “Estigmas da destrución” (2016), gravado e producido por Iago Pico en Pousada Son, que inclúe 5 temas de guitarras posuídas polo demo e letras cargadas de rabia.
Contratación
Amancio Silva Louro (+34) 630 771 292 bandnom@gmail.com