Nacido en A Habana, Cuba en 1982 e criado no barrio de Nuevo Vedado, iníciase no camiño da música cubana como percusionista aos 14 anos e máis adiante esperta o seu interese pola guitarra grazas ao seu irmán maior. Aos 17 anos empezou a tocar o baixo nunha banda formada por un grupo de amigos. En 2003 funda a banda MATE como baixista, presentándose en diferentes locais e festivais ao longo de toda Cuba. Aos poucos e canción tras canción, empeza a defender a súa proposta cantando acompañado dunha guitarra.Na súa música atópanse ritmos africanos, pop rock, funk, boleros e, ás veces, sonoridades electrónicas; todo isto aderezado con conceptos da música cubana.Pouco despois pisa terras galegas buscando novas linguaxes dentro da música e chega a crear a súa banda por estas terras. Colaborou en diversos proxectos xunto a Alejandro Vargas e músicos da escena galega como L.A.R. Legido, Chus Pasos, Max Gómez e Gustavo Almeida.Actualmente acaba de publicar o seu primeiro traballo discográfico, "Huella" (2016), producido xunto ao guitarrista brasileño Leonardo Rodrigues.
Contratación
Didier Díaz (+34) 657 290 808 info@reynieraldana.com