• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Mauricio Caruso

A diversidade caracteriza a Mauricio Caruso como o músico que é. Formado na Universidade de São Paulo, percorre a música contemporánea, erudita, jazz, pop, rock, música negra e música popular brasileira; como instrumentista toca varios instrumentos de corda, como a guitarra clásica, acústica, eléctrica ou o cavaquinho, entre outros.

Caruso traballou como sideman de moitos artistas brasileiros como Sandy, Aricia Mess, Lobão, Beatriz Rodarte, Dandara, Mano Brown, Zalon Thompson, así como grandes produtores. Ademais, foi parte da formación da banda Black Río, que tocou con artistas como Ed Mota, Sandra de Sá, Seu Jorge e participou na Fan Fest da FIFA Copa do Mundo Sudáfrica (2010).

Arranxista musical e produtor, participou en moitas gravacións e, ademais, conta con 4 álbums en solitario: “Tradução do Instrumento” (2000), “Reflexos da Noite” (2008), “Christmas Strings” (2012) e “Mundo Amarelo (2013)”.

Caruso é membro da banda Jota Erre, con o multiinstrumentista como coprodutor e guitarrista, e teñen dous discos publicados: “Por Extenso” e “Binário”, co xiraron dous anos por Europa (Portugal, España, Inglaterra) e Estados Unidos (SXSW, Austin, 2016).

Na actualidade vive en Galicia, onde toca con diversos músicos do mundo residentes na rexión, ademais de formar parte do trío Choro Alegre. O seu novo álbum en solitario, “Meus Camiños pola Galicia” (2018), viu a luz a principios de agosto de 2018.

Contratación

Tutti Producoes
Yara Rodriguez
+34 622162015 - +34605732389
yaraprodutora@gmail.com

Discografía

Meus Camiños pola Galicia

MAURICIO CARUSO

2018, Mauricio Caruso

Mundo Amarelo

MAURICIO CARUSO, BRUNO SILVEIRA, JOÃO DEOGRACIAS

2012,

Reflexos da Noite

MAURICIO CARUSO

2008, Mauricio Caruso

Vídeos

Kalidah (Live en Borriquita de Belem)

MAURICIO CARUSO, ALEJANDRO VARGAS

Alala da Maña (Live en Borriquita de Belém)

MAURICIO CARUSO, ALEJANDRO VARGAS

Afrika (live en Borriquita de Belem)

ALEJANDRO VARGAS, MAURICIO CARUSO

Soldado Desconhecido - Mundo Amarelo

MAURICIO CARUSO, BRUNO SILVEIRA E JOÃO DEOGRACIAS

Reflexos - Programa Plataforma

MAURICIO CARUSO

Tal vez tamén che gusten