• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Pablo Vidal

Contrabaixista, compositor e productor. Pablo Vidal ten participado en grupos de diferentes escenas musicais, dende o rock ao jazz pasando pola música infantil, labor que compaxina coa produción.

En 2014 crea Pablo Vidal Trío xunto con Gabriel Peso (piano) e Noli Torres (batería). A música do grupo reflicte o eclecticismo compositivo de Pablo Vidal misturado coa boa enerxía e saber facer dos seus compañeiros, fusionando jazz con sons tradicionais, rock sinfónico, músicas do mundo ou latin jazz creando un son característico e recoñecible; auténtico jazz contemporáneo galego.

Contan con dous traballos discográficos:

- “Jazz pagano” (aldeaglobal, 2015): un percorrido imaxinario polo atlántico a través de oito temas que seguen un fío condutor, o mar, con Uxía como artista convidada en “O canto” e “Alalá das sereas”.

- “Orixe” (2018) con Pablo Vidal Group: a Terra como fonte de inspiración; unha Terra nai, acolledora, feminina, orixe de todos nós. Con Pablo Vidal (contrabaixo, composicións), Gabriel Peso (piano), Noli Torres (batería), Narci Rodríguez (voz), Sarunas Pupelis (saxo) e Ton Risco (vibráfono).

Como produtor destacan: “Nowhere” (2017) de Clara Pino & Pablo Vidal; “Chapeu” (2016) de Tatán R.; “Sons de Cine” (2012) de A Doce Vita; “Pitusa Semifusa e os estilos musicais” (Ed. Galaxia, 2017) de Olga Brañas (2017) e “Proxecto Sapoconcho”, aínda sen publicar.

Contratación

aldeaglobal
677 225 356
aldeaglobalproducions@gmail.com

Discografía

ORIXE

PABLO VIDAL GROUP

2018,

Nowhere

CLARA PINO, PABLO VIDAL

2017, aldeaglobal

Jazz pagano

PABLO VIDAL TRÍO

2015, aldeaglobal

Vídeos

Candela

PABLO VIDAL GROUP

Sambando

PABLO VIDAL GROUP

Tsunami

PABLO VIDAL TRÍO

Tal vez tamén che gusten