
Pop burbullante, retrofuturista, cinemático e nostálxico é unha boa definición da música de Gume. Nas súas cancións, o artista galego xoga con diferentes estilos musicais nunha fusión de melodías de pop clásico con toques electrónicos; cancións nas que fala dos seus medos e de preocupacións universais como o paso do tempo ou a ansiedade.