• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Budiño

BUDIÑO é un artista atípico, un músico co seu Sotaque, (Acento), un compositor que esperta admiración entre os seus, un creador engaiolante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons máis contemporáneos.

BUDIÑO ten publicado 6 traballos discográficos, “Paralaia”, “Arredor”, “Zume de Terra”, “Home”, “Volta” e máis este último, “Sotaque”. As súas creacións e os seus espectáculos en directo, son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión. BUDIÑO levou as súas composicións por todo o planeta, a cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tánger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá ou México D.F. poden dar boa conta diso.

“Sotaque” é o novo traballo discográfico de BUDIÑO. Foi gravado no seu estudio Ardora e mesturado e masterizado nos estudios Atlântico Blue Studios de Lisboa. Este traballo de composición propia reflicte a pegada da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co “acento” característico de BUDIÑO, co seu “Sotaque”.

Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen o labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por BUDIÑO máis unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade.

Os amigos convidados ao “Sotaque” de BUDIÑO: Antonio Zambujo, Luis Tosar, Os Cantareiros de O Fiadeiro e Michael McGoldrick.

Contratación

Discografía

Paralaia 20 Aniversario

BUDIÑO

2016, Fol Música

Sotaque

BUDIÑO

2013, Fol Música

Volta

BUDIÑO

2010, Falcatruada

Home

BUDIÑO

2007, Falcatruada

Zume de Terra

BUDIÑO

2004, Do Fol

Arredor

BUDIÑO

2000, Yerba Buena / Virgin

Paralaia

BUDIÑO

1997, Resistencia

Vídeos

Déixame Adiviñar

BUDIÑO

Paralaia (20 Aniversario)

BUDIÑO

Galo Galán

BUDIÑO

Nova Banda 2016

BUDIÑO

Volta. Trailer

BUDIÑO

Nubeiros e tronantes - Making of

BUDIÑO

Tal vez tamén che gusten