Falar dos irmáns Freiría é falar de música. Os inicios de Justo e Jose remóntanse á súa mocidade, cando esta arte empezou a ocupar un lugar relevante nas súas vidas.Na primavera de 2015 gravan o seu primeiro EP “Flores Falsas” en Esteroarte Estudios (Vigo) producido por Pablo Novoa e Luis Antelo. En 2016, Habitación Vudú consegue consolidar a súa traxectoria formando parte do cartel do Festival Cultura Quente de Caldas de Reis (Pontevedra) e sendo elixidos para abrir o concerto de The Gift en Montalegre (Portugal).Entre concerto e concerto, o grupo aproveita gravar e dar forma ao seu segundo EP, “En el Aire”, producido por Luis Antelo. Este novo traballo mostra un son fresco, auténtico, de cadencia alternativa e alma roqueira plasmado en cinco cortes que cobran vida en 2018, a través do seu primeiro sinxelo ‘La Estafa’, do que tamén se publica un videoclip. Inician a xira no Festival Portamérica xunto a artistas da talla de Izal, Vetusta Morla ó Xoel López. En 2019 culminan a súa xira actuando no Festival da Luz, onde comparten cartel con artistas como Luz Casal, Celtas Curtos, Mikel Erentxun, Cepeda ou Orquesta Mondragón.Aproveitando a pandemia para compoñer, en 2021 volven con ‘El Circo’ e en 2022 logran un dos seus máis importantes fitos ao telonear a Placebo en Ourense. En 2023 publican ‘Pozo Caliente no que dan a súa particular visión da vida na cidade de Ourense.En 2024, o grupo asina co selo discográfico Blanco y Negro Music e saca á luz o seu terceiro EP, “Levantarse”.
Contratación
Escena SonoraJose Freiria (+34) 659 915 745 - (+34) 696 438 082 contacto@escenasonora.com