• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Window Pane

Window Pane son Lorena (batería, voz), Mito (guitarra), Chechu (baixo, voz) e Willi (guitarra, voz) e levan xa vinte anos coa mesma formación. Dez anos despois do seu LP “Compositum” (Toopah!, 2007), os ferroláns volven por todo o alto con “4” (2017), un impecable dobre vinilo co que dan renda solta ao seu particular son tecido a base de hardcore, metal, grunge, rock intenso e certa cadencia pop.

Este é o seu traballo máis maduro e intenso, porque a Window Pane non lles gusta caer na premeditación, sempre fixeron o que lles sae de dentro e prefiren dar renda solta á creatividade, executándoa con plena liberdade. Gran parte da culpa desa diversidade que enriquece o son do disco tena o feito de que os seus catro compoñentes se encargan dos labores de composición, deixando patente cada un o seu selo.

“4” é un álbum intenso e visceral, cargado de emotividade, de paisaxes vitaminados e evocadores, de experimentacións escuras e crepitantes, con cambios de ritmo salvaxes... e tamén coa calidez dunhas melodías realmente brillantes. Un disco que nos deixa ver unha banda sincera e honesta, unha banda á marxe de modas ou tendencias que ten unha fe cega no seu traballo.

Contratación

Lorena (tlf), Mito (email)
(+34) 644 872 806 - (+34) 626 614 650
mitowp@gmail.com

Discografía

Antithesis

WINDOW PANE

2025,

4

WINDOW PANE

2017, Window Pane

Compositum

WINDOW PANE

2007, Toopah! Records

Tribute of The Year - A Tribute to Faith No More

WINDOW PANE

2002, Invisible Records-Underground Inc.

Window Pane

WINDOW PANE

2002, Toopah! Records

Vídeos

Infinite Network

WINDOW PANE

Vision

WINDOW PANE

Errol Flynn

WINDOW PANE

This is my Dream

WINDOW PANE

Tal vez tamén che gusten