• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Treintañeras Cañeras

Treintañeras Cañeras é unha banda de rock 'n' roll formada en Vigo a mediados de 2017. En outono dese ano ve á luz a súa primeira demo, “Caimán del Ku Klux Klan” (2017), e uns meses máis tarde publican o seu primeiro EP “Calienta que sales” (2018), ambos baixo a produción de Paco Serén (Piratas) en Eclipsis Studios.

Logo dunha tempada actuando en diversos festivais galegos lanzan o seu segundo EP, “Cabaña Caníbal” (2019), catro cortes nos que terminan de definir o seu estilo de guitarras afiadas e voces agresivas e moi persoais, nos que viaxan do rock 'n' roll máis cru ata uns tons que rozan o metal con influencias tales como Foo Fighters, Royal Blood ou Frank Carter.

Os seus últimos lanzamentos son “Balconazis” (2020) e “Rata Camboyana” (2021), dous videosingles que formarán parte do seu primeiro disco, cuxa publicación está programada para outono de 2021 co soporte de Galunk Producións.

Treintañeras Cañeras son Adrián Rodríguez (batería), Diego Garabal (baixo) e Manel López (guitarra e voz).

Contratación

Galunk Producións S.L.
Alberto Lora
+34 722 855990 - +34 722 856106
lora@galunk.com

Discografía

Música para el programa de Bertín Osborne

TREINTAÑERAS CAÑERAS

2022, Galunk Producións

Rata Camboyana (single)

TREINTAÑERAS CAÑERAS

2021, Galunk Producións

Lolita (single)

TREINTAÑERAS CAÑERAS

2021, Galunk Producións

No quiero tu piropo (single)

TREINTAÑERAS CAÑERAS

2020, Galunk Producións

Balconazis (single)

TREINTAÑERAS CAÑERAS

2020, Galunk Producións

Cabaña Caníbal

TREINTAÑERAS CAÑERAS

2019, Autoeditado

Calienta que sales

TREINTAÑERAS CAÑERAS

2018, Autoeditado

Caimán del Ku Klux Klan

TREINTAÑERAS CAÑERAS

2017, Autoeditado

Vídeos

Malote

TREINTAÑERAS CAÑERAS

Lolita

TREINTAÑERAS CAÑERAS

Rata Camboyana

TREINTAÑERAS CAÑERAS

Balconazis

TREINTAÑERAS CAÑERAS

No quiero tu piropo

TREINTAÑERAS CAÑERAS

Animal

TREINTAÑERAS CAÑERAS

Tal vez tamén che gusten