• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
ROBERTOLIVEIRA

Percusionista especializado no comisionado e estreno de obras, concretamente para percusión, electrónica e arte visual sincronizado (música electroacústica) de novos compositores nacionais e internacionais, cunha posta en escena que se converte en toda unha experiencia multisensitiva.

Robertoliveira completa os seus estudos de licenciatura en percusión no Koninklijk Conservatorium da Haia (Países Baixos). Continúa os seus estudos co Master in Music Performance-Chamber Music na Royal Irish Academy of Music de Dublín (Irlanda), obtendo a distinción First Class Honours pola DCU Dublin City University.

Realiza concertos como solista, tamén con ensembles contemporáneos e orquestras sinfónicas xunto a destacados artistas, directores e compositores actuais, en salas de concertos e festivais de países como Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña, Dinamarca, Noruega, Hungría, Italia, Chipre, Austria, Luxemburgo, Eslovenia, Eslovaquia, Suíza, Irlanda, Irlanda do Norte, Inglaterra, Marrocos, Arxentina, Brasil, México, Estados Unidos, Filipinas, Taiwán, China ou Letonia.

Finalista dos IV Premios Martín Códax da Música, Robertoliveira está considerado un dos artistas máis creativos, atrevidos e innovadores do panorama musical contemporáneo.

Contratación

ROBERTOLIVEIRA
Angel Vaqueiro
(+34) 986 349 447 - 619 301 112
management@robertoliveira.es

Discografía

DIÁSPORA novas músicas de aquí e de acolá

ROBERTOLIVEIRA

2017, SONAXE

PPARAFUSXO

ROBERTOLIVEIRA & JONATHAN NANGLE

2010, Autoeditado

Vídeos

Linde

ROBERTOLIVEIRA

Bagajes Perdidos

ROBERTOLIVEIRA

40 aniversario do Museo do Pobo Galego

ROBERTOLIVEIRA

PROMO_2018

ROBERTOLIVEIRA

DIÁSPORA novas músicas de aquí e de acolá

ROBERTOLIVEIRA

VideoEntrevista

ROBERTOLIVEIRA

Tal vez tamén che gusten